A Biblioteca do Real Consulado foi a primeira Biblioteca Pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do “Real Consulado de Mar e Terra” co beneplácito do Rey Carlos IV, en 1803 e aberta ao público en 1806.

A nosa fundación é a fundación cultural privada máis antiga de España, inscrita o 31 de xaneiro de 1807 no Protectorado de Fundacións Culturais. 

Declarada pola Xunta de especial interese para Galicia.

É unha biblioteca principalmente de fondo antigo, con fondos bibliográficos, documentais e  cartográficos, desde o século  XV.  A maior riqueza de libros corresponde aos séculos  XVIII e primeiro cuarto do  XIX. Considerada como un centro de consulta imprescindible para os investigadores da realidade histórica coruñesa, galega e universal nas súas diversas manifestacións. Colabora con todo tipo de institucións  culturais de calquera parte do mundo que o solicite.